Nestes últimos días ando un pouco pesado co do premio en Arxentina, seino. Pero xa toca á súa fin, digo o autobombo pola miña parte, porque a ledicia aínda dura. A entrega de premios foi un éxito segundo contan as crónicas, a entrevista na radio moi pracenteira e o relato sairá publicado a primeiros de ano no Diario Galicia da comunidade galega en Arxentina.
Pero falta o culpable de todas estas atencións: o relato. É el quen as merece, non eu. Dá un pouco de vergoña exhibilo así, porque conto dabondo da miña vida, pero penso que lle debo de dar a oportunidade de lelo a quen queira. Non ten sentido escribir se non é lido, polo menos non sempre. Así que o pendurei de Redelibros, que ten pólas fortes que aturan de nevaradas bávaras e temporais galegos. Agardo que vos guste e faríame feliz a vosa opinión en comentarios (aquí, en Redelibros ou acolá por calquera outro medio).
Que vos preste.
O relato: Sobre maletas





2011-12-21
Parabens de novo!! os teu tíos e curmáns son moi simpáticos e non lles cabía o orgullo no corpo.
2011-12-21
Si que son simpáticos! Abrúmame bastante ese seu orgullo, pero estou feliz de telos contentos. Todos pasárono realmente ben, a organización ten todo o mérito. Unha aperta
2011-12-21
Texto interesante, Francisco. Non é nada doado tratar o tema que trataches e non resultar topicón. Saíches con ben, sen dúbida. En hora boa polo premio!
2011-12-22
Moitas grazas, Armando, préstame moito esta minicrítica por vir de quen vén. Diches con unha das craves: non quixen facer un tratado sobre a emigración, galega ou non, iso sería un erro e caería no estereotipo, o topicón como dis ti. Tan só contrastar a experiencia real da xeración dos meus pais e a miña, e de aí quen queira pode extrapolar, se quere. Pero o texto é persoal e subxetivo, por suposto.