Parece que o relato «Sobre maletas» quere seguir viaxando e que está a gusto en Bos Aires. Mañá serei entrevistado no programa «Galiza Emigrante» da Radio Argentina, e falaremos de contos, de emigración e de contos de emigración e o do que se nos vaia ocorrendo.
Será ás 11 hora arxentina, ás 15h en Europa occidental, sen contar as illas británicas e Canarias e Azores. En Bos Aires pódese escoitar na AM 750 e en todas partes na súa páxina web. Dito queda. Estou cunha boa mormeira e falarei con voz gangosa e nasal, risas garantidas.
Por outra banda, as crónicas, subxetivas e emocionais e por tanto fiables, din que o acto de entrega de premios do pasado venres foi un éxito. Outra vez grazas á organización, a Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina, en especial a María Emilia Cebeiro e o meu Óscar García, o meu embaixador-representante no Río da Prata.





Comentarios recentes