domingo, outubro 18th, 2009 | Author: Mr Tichborne

queremosgalego_manifestacion18102009_cartaz

Hoxe, agora mesmo, hai unha manifestación para defender algo que non debería de precisar ser defendido. Pero precisa.

Porque a situación da nosa lingua está tan mal que para que desapareza só é preciso deixala morrer, non facer nada. Mais algúns, e empezo polo Goberno da Xunta do Señor Fríjol, parecen ter présa e queren acelerar o proceso do único xeito que saben: vitimismo, mentiras, manipulación e hipocrisía.

Mais seguimos estando aquí. E cando os manifestantes recollan as súas faixas e cartaces a manifestación non rematará.  Seguiremos falando e escribindo en galego, aínda que algúns non entendan por que, aínda que iso non encaixe coa súa cativeira comprensión do que os arrodea.

Non estarei na manifa porque me queda moi moi lonxe, mais vai desde aquí o meu apoio e solidariedade. Queremos galego. Queremos o galego.

Pinchade no folleto de abaixo para saber máis (a non ser que teñades vista de moucho).

queremosgalego_manifestacion18102009_folleto

Por certo, que outra manifa moi distinta que houbo onte en Madrí lembroume a certa versión de Duncan Dhu.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Category: Lingua
You can follow any responses to this entry through the RSS 2.0 feed. You can leave a response, or trackback from your own site.

3 Responses

  1. Anque non son mui amigo desas lerias eu estiven en Santiago facendo vulto e contento de ver tanta xente tan variada que teña a mesma idea ca min.

  2. A algún hanlle zumbar as orellas aló por Frijolandia. ;) ) A m in tamén me cae lonxe, pero por desgracia ha haber máis oportunidades.

    Unha aperta.

  3. Mágoa non ter asistido, mais síntome orgulloso do éxito da convocatoria. A ver se polo menos Feixudo se decata do poder social dun lado e do outro (grupúsculos como Galicia Bilingüe e por outra banda todos os que asolagaron as rúas de Compostela onte).
    Un saúdo. En galego.

Leave a Reply