Archive for » outubro, 2008 «

mércores, outubro 29th, 2008 | Author: Mr Tichborne

Xa, xa sei que ando desconectado... ando coa mudanza e na nova cuncha ainda non teño internet (nin cama propiamente dita, nin sofá, nin estanterías, nin fichas para a lavadora, e xa queimei as reservas no Ikea) e van tardar bastante en chuzalo. Ata daquela este bló vai andar baixo mínimos, mais tentarei poñer algo ás agachadas no curro. Como agora.
Onte fun ver unha présa de curtametraxes de todo o estado español baixo o título común de "Tapas Mixtas". Da Galiza incluiuse esta preciosa e picassiana curta de animación, Minotauromaquia. Agardo que vos guste.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Category: Cinema  | One Comment
xoves, outubro 09th, 2008 | Author: Mr Tichborne

_

Pásame o pai de Leo o meme da fin do mundo, por se os hadróns se poñen parviños ou se o ghicho ese de Corea ou o Bush apertan o botón vermello. Non me quedou claro se este é o meme do derradeiro día da miña vida ou do mundo mundial, así que o contestarei deste último xeito, porque a idea de irme eu só non me atrae: vides comigo.

  • Que canción che gustaría escoitar? Pois por exemplo

ou ben esta xoia dos Enemigos, seguindo coa temática

Claro que pouco tempo vou invertir en escoitar música, seica deixaría varia música aleatoria de fondo.

  • Que libro lerías? Mais ben me autoflaxelaría por tódolos libros que houben de ler e non lin na miña vida, por falta de oportunidade ou desidia. Logo, como tampouco é plan de empezar Guerra e Paz, lería relatos breves, de Borges ou o marabilloso "El perseguidor" de Cortázar.
  • Con quen che gustaría falar? Difícil. Co meu afilladiño, os meus pais, a miña irmá, algúns amigos... Logo buscaría a quen amo para deitarnos xuntiños, ben arrimados, sen palabras.
  • Que che gustaría comer? Pouco orixinal, neste caso: un polbiño, ameixas, unha boa fondue... mais dáme que non ía ter moita fame.
  • Que faría e que me quedaría pendente por facer? Xa o dixen: tentar pasar ese día cos que quero. Pendente por facer: sempre moitas cousas, máis canto máis vives. Agardo que antes de precipitarnos nese furado negro mirar atrás e ver os meus momentos e erros, ese conxunto de erros que chamamos vida, e pensar, bo, tampouco estivo mal. Brindemos.

Como xa expliquei, múdome a unha bonita vivenda sen mobles, sen cama, con moito por facer e, sobre todo, sen internet. Non se extrañen se nas vindeiras semanas posteo pouco. Deica.
_

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Category: memememes  | 3 Comments
xoves, outubro 09th, 2008 | Author: Mr Tichborne

Con detalle, quero dicir. Porque é a primeira crise económica que se lembra que se "vía vir" dende hai anos, polos analistas políticos e pola veciña do terceiro, con iso de que "isto vai rebentar un día"... e rebentou.
Por unha banda, con humor

E pola outra, ó detalle para parviños en economía coma min, polo profesor xubilado Leopoldo Abadía, que entre outras cousas nos aclara o que é un ninja. Ninjas somos (ou podemos selo) todos: No income, no assets, no job. Aquí a ligazón.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
xoves, outubro 02nd, 2008 | Author: Mr Tichborne

_

Decidín hai tempo deixar de vivir coma un estudante serodio e ir vivir só. O malo, que buscar vivenda en Regensburg é unha epopeia mítica, unha proeza derreante que as máis de veces ten como único premio catro paredes mal postas e un burato insondable na conta bancaria. Semanas chamando por teléfono, aturando axentes inmobiliarios incompetentes, malintencionados ou directamente imbéciles xa que non hai case vivendas libres desta xentalla. Levan unha provisión de 2'38 meses de alugueiro, facede contas, e unha fianza de tres meses de alugueiro. O segundo o recuperas ó final, da provisión esquécete. Engadídelle o primeiro mes de alugueiro. Ou sexa, que despois de asinar o contrato e pagar (2'38+3+1) x Meses de golpe e ostiazo, tes sorte se podes mercar unha colchoneta inchable para poder durmir. Porque os pisos adoitan estar valeiros.
A burbulla inmobiliaria rebentou, mais non no tocante ós alugueiros dunha cidade pequena onde vagan tres millóns de estudantes (calculo eu, a ollo) que comezan as aulas a semana que vén e non teñen onde caer mortos, o que rebenta é o que busca piso. Estrés, estrés. A competencia é feroz.
Ó final, co 2'38 de penitencia mediante, atopei unha vivenda perfecta para min, á beira do río Regen, o afluente do Danubio que dá nome á cidade. Tan grande foi a mágoa como agora o é o alivio. No medio, varias decepcións, sobre todo cando perdín, por parvo, un fermoso apartamento na Cidade Vella a bo prezo. Como anécdota, estaba nun edificio no que vivira nada máis e nada menos que o grande Goethe. Non sei se estivo unha grande tempada alí e xestou o Fausto nesas mesmas paredes ou se parou un par de días a botar unha brisca cuns amiguetes. Dixen que o pensaría e dous días despois chamei... e xa o collera outro. Estívome ben.
Agora tanto ten, porque estou todo contento coa miña nova casiña (e van... agardo que esta dure e que sexa para ben). E agora vén outro estrés: mais non todo o estrés é malo, haino que nace da ilusión. Finiquitar o actual contrato, asinar o novo, a mudanza, buscar un que alugue o meu actual cuarto, mercar mobiliario e conachadas para a casa, enchufar o internet, etc. Xa contaremos.
_

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google