Archive for » xuño, 2006 «

xoves, xuño 29th, 2006 | Author: Mr Tichborne
(Segue destoutro post anterior)
Son o pallaso e estou aquí para que me escribas, ti que estás á outra beira da vida neste día de calor, coa túa terraza, os teus amiguiños, as túas cervexas, os teus camareiros e o teu mundo. Son o pallaso e vou vestido de cores ridículas e a suor escorre a pintura da miña cara. As miñas pegadas na rúa marcan o meu mundo de pallaso, os meus pasos renquean dubidosos por mor de tantos cartóns de viño, tamén por secuelas daquel atropelo de canda andaba a vender chisqueiros polos semáforos. Son o pallaso e vexo uns peruanos pequeneiros vendendo trapalladas deitadas enriba dunha manta na rúa, évos unha parella moza e un raparigo. Eu son o pallaso e ti me tiras fotos dende o outro lado da vida pensando que eu non me decato, e eu, namentres, agasallo ó pícaro peruán cun globo anuado en forma de cadelo, ben xeitoso, el ri, eu son o pallaso e é sabido que ós nenos gústanlles os pallasos. O pícaro alédase, eu son consciente do meu fedor a alcohol e ódiome algo máis do que decote. Non lembro cando anuei o globiño, non lembraba sequera que soubese facelos, pero debín de facelo eu, quen se non, os pallasos suponse que fan cousas polo xeito, que repartimos a delicia que non temos, pero eu non lembro ter feito o globiño, os meus miolos son unha masa dorida e pesada, a calor, a perruca, as mil drogas papadas das que non lembro o nome de todas. Deixo o neno peruán, paso a carón da túa mesa e dígoche Boas Tardes de pasada coa voz rouca, pero ben sabes que en realidade dígoche, Escríbeme, escríbeme cabrón, nacín para ser escrito por ti, e marcho devagar coma nun pesadelo, bébedo coma unha prea, e pérdome da túa vista polos rueiros perpendiculares á catedral. Nun recanto atopo outro neno, soíño, como vido do teu mundo ó meu, olla para min porque eu son o pallaso, eu apalpo nas miñas vestimentas rechamantes, síntocho ben meu neno, non me queda globiño ningún, senón se cadra che facía outro cadeliño, así que botei man da navalla e xa non sei se isto pasou ou es ti que o estás a escribir e daquela este sangue non está a luxarme...
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Category: Relatiños  | 2 Comments
luns, xuño 26th, 2006 | Author: Mr Tichborne
Daquela, por esmagante maioría, SI.
Gracias pola vosa axuda. Só votou que non o Fromhell, e decepcionaríame que non o fixese! Mais está decidido que SI. Cando solucione certos detalles que poden mandalo todo ó carallo, direi de qué se trata. Non é que vos afecte, pero a min si, e moito, só quería compartilo convosco.
Un dos comentarios, anónimo, mandoume este poema de Walt Whitman. Coido que resume o voso (noso) sentir bastante ben. Póñoo aquí enteiro en castelán. O caso é que non o atopo en inglés por ningures, e empezo sospeitar que non é de Whitman. Coido que está extraído do Clube dos poetas mortos. ¿Alguén pode axudarme a atopa-lo orixinal en inglés?

CARPE DIEM
No dejes que termine el día
sin haber crecido un poco,
sin haber sido feliz,
sin haber aumentado tus sueños.
No te dejes vencer por el desaliento.
No permitas que nadie te quite el derecho a expresarte,
que es casi un deber.
No abandones las ansias
de hacer de tu vida algo extraordinario.
No dejes de creer que las palabras
y las poesías sí pueden cambiar el mundo.
Pase lo que pase nuestra esencia está intacta.
Somos seres llenos de pasión.
La vida es desierto y oasis.
Nos derriba, nos lastima, nos enseña,
nos convierte en protagonistas de nuestra propia historia.
Aunque el viento sople en contra, la poderosa obra continúa:
Tú puedes aportar una estrofa.
No dejes nunca de soñar, porque en sueños es libre el hombre.
No caigas en el peor de los errores: el silencio.
La mayoría vive en un silencio espantoso.
No te resignes.
Huye.
"Emito mis alaridos por los techos de este mundo", dice el poeta.
Valora la belleza de las cosas simples.
Se puede hacer bella poesía sobre pequeñas cosas,
pero no podemos remar en contra de nosotros mismos.
Eso transforma la vida en un infierno.
Disfruta del pánico que te provoca
tener la vida por delante.
Vívela intensamente, sin mediocridad.
Piensa que en ti está el futuro
y encara la tarea con orgullo y sin miedo.
Aprende de quienes puedan enseñarte.
Las experiencias de quienes nos precedieron de nuestros "poetas muertos",
te ayudan a caminar por la vida.
La sociedad de hoy somos nosotros, los "poetas vivos".
No permitas que la vida te pase a ti
sin que la vivas ....
Aunque el viento sople en contra,
la poderosa obra continúa......
No dejes nunca de soñar,
porque en sueños es libre el hombre.
WALT WHITMAN
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Category: Cousas da vida  | Tags:  | One Comment
luns, xuño 19th, 2006 | Author: Mr Tichborne
Estes días andei de viaxe polas Rías Altas. O tempo non acompañou, pero a viaxe foi marabillosa, revisitei algúns lugares coñecidos e descubrín outros novos. Porei fotos cando poida, xa que teño o ordenador en reparación e non podo descargalas. Pola mesma razón non colgarei posts tan decote coma antes.
Como pouso, ando a dar voltas e máis voltas a unha importante decisión. Eu, que xa me como o tarro dabondo para escoller no súper entre nescuic e culacao... pero isto é importante de veras para min. Ando como esa imaxe alegórica da esquerda, o ben coñecido Pensador de Rodin. Alguén o viu despreguizarse, relaxar o entrecello, exclamar "Xa o teño!" e baixar do pedestal?
A miña pregunta é sinxela: SI ou NON??
Cantos menos detalles coñezades, mellor. Non, non é polo referendo do Estatut, iso foi onte.
Menos mal que teño o Mundial para alienarme... ese que segundo os nosos sensacionalistas xornais xa temos gañado só por superar a Shevchenko e dez amigos. Menos mal que segundo as enquisas, mesmo as deses mesmos xornais, queda algo de sentido común. Algo.
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Category: Cousas da vida  | Tags:  | 12 Comments
mércores, xuño 14th, 2006 | Author: Mr Tichborne

O ourensán Xulio Outumuro (Xulio de Rabal) mándame dúas cousiñas: se clicades nesta imaxe de abaixo entraredes en Canedo Rock, unha interesante páxina arredor do rock (hard, heavy, punk, alternativo...) en Galicia e no estado, con interesantes informacións e ligazóns a grupos coñecidos (Mitocondrias, Lamatumbá) e descoñecidos que andan a mover as súas maquetas. O máis interesante é a parte das descargas legais de cancións mp3, para írmonos achegando a estes grupos. Seguro que hai máis páxinas polo xeito, pero esta gustoume e é unha boa achega a este mundo. A crise innegable que vive o mundo discográfico a quen máis afoga é a estes grupos que empezan (ou non, hainos ben veteráns nisto de dar kaña) ou ós que non fan música para masas, e non ós que máis se queixan só para trincar cartos (sgaes, Bustamantes e Ramoncíns).


E esta é unha foto do Outumuro dunha aldea abandoada de Ourense. A un dos seus últimos habitantes doulle por facer unha pintada do Milucho, o gato dos Suaves.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Category: Bailade malditoss  | Tags:  | 3 Comments
sábado, xuño 10th, 2006 | Author: Mr Tichborne

Terraza ourensán, sábado 3 de Xuño, xusto despois de apañar o premio da Feira do libro.

Adicado a Biqui, Alfonso e Ángel, cicerones que tan ben me acolleron.

- É o paiaso máis sinistro que vin na miña vida. É arrepiante. Mete medo.
- A min tódolos paiasos me asemellan sinistros. Coido que dende que lin de rapaz o “It”, de Stephen King. Recoñezo que é un “mal rollo” persoal.
- A min non, cáenme ben. Pero este... Mira, como camiña, esa mirada perdida...
- Coido que vai borracho. Debe de ser alcohólico. Parece que vai permanentemente borracho. Non lle tires fotos, que se vai decatar.
- Mira, dálle ese globo ó neno dos peruáns que andan a vender CDs.
- Fala só.
- O globo quixo imitar a un cadelo, pero máis parece un tótem fálico.
- Ti sempre pensando no único. E podías estirarte co premio que acabas de recoller e convidar ás cervexas. Ó neno parece gustarlle.
- Ía convidar, pero xa fixeches que perdese a graza... Ostia, nesta foto saltoume o flash.
- El decatouse. Estanos a mirar. Vai dar un rodeo. Mira, fai que mira no escaparate desa tenda cara e mira de esguello para aquí.
- Coma nós nesta mesa, mirando para el.
- Dígovos unha cousa, ese home ten unha historia.
- Unha historia?
- A historia dalguén que remata na Rúa do Paseo un sábado pola tarde, transtornado e/ou alcoholizado, sen rumbo a 35 graos vestido de paiaso psicópata. Algo tivo que pasar para que rematase aquí deste xeito. A súa historia ten que ser boa.
- E vas escribila ti?
- Non coñezo a historia
- Podes inventala.
- Se cadra o fago.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
venres, xuño 09th, 2006 | Author: Mr Tichborne

...dixen cando me mirei no espello do servizo, despois de lavar a suor da cara (vai unha calor infernal neste curro). Que teño no pelo? Un pegote, unha arañeira, unha pelusa? É un efecto da luz?

Si, meus. Así descubrín onte a miña primeira cana.
Abro comentarios para que contedes as vosas experiencias no asunto. Eu lereinas fechado ás escuras no faiado, sorbendo as miñas bágoas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
Category: Cousas da vida  | Tags:  | 6 Comments
martes, xuño 06th, 2006 | Author: Mr Tichborne

En Ourense suena el rock por todos los rincones...

Si, señor, hai xustiza. Un dos grupos máis importantes da nosa historia do rock ten unha praza adicada na súa cidade. Xusto onde o seu baixista Charli ten o seu pub FAR (Fundación Amigos do Rock), e alí se deixa ver. Estes tíos marcaron a miña adolescencia (así quedei).

Seguindo cos Suaves, quedei de pedra cando vin este cartaz. Évos unha campaña para non conducir peneque, pero xúrovos que antes que a Yosi dos Suaves agardaba ver aí ó Ernesto de Hannover. Hai que puntualizar que non é unha campaña para non chumar, senón para non conducir chumado. E como conduce Teté Delgado, pois Yosi a montala de copiloto... Por certo, por que non conduce o fulano de atrás, que seica é piloto de ralis? Daríalle tamén ó licorcafé? Alédome que Yosi non pilote, pero por que non pón ó cinto de seguridade, por aquilo de dar exemplo? Para non sair da casa. Funcionan estas caralladas? Dan ganas de pillala boa e na vez de coller o coche, guindarse debaixo de un.

E para rematar, unha de monumentos. Esta tenda de souvenirs está a carón das Burgas. Os avispados venden cutres botellas de plástico para encher na fonte (valeiras, nin sequera as enchen)... a un euraso a de litro e dous a garrafa!
Que bonito está Ourense. Hei volver axiña...

Por misterios técnicos este post desapareceu cando tentei amañalo. A ver se agora vai.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google
domingo, xuño 04th, 2006 | Author: Mr Tichborne
Fin de semana de emocións para min en Ourense. O venres entregouse o V Premio Carlos Casares de Microrrelato no Liceo de Ourense, os detalles os conta Marcos Valcárcel, membro do xuri e primeiro na foto pola esquerda (imaxe cortesía por outra banda de Xulio de Rabal) no seu blog. Vaia por diante o meu agradecemento a toda a organización e ó propio Liceo, que á parte de tratarnos estupendamente alteraron o programa do acto para que eu puidese participar, xa que cheguei moi tarde por culpa do Alsa que me levaba aló, ocupado en visitar a tódolos núcleos de poboación de Asturias, León, Ourense e mesmo Lugo (!!).
O segundo pola esquerda é o gañador do primeiro premio, Xesús Manuel Marcos, narrador xa recoñecido que editou obras coma O brindo de Ouro (premio Merlín) ou Fonte de Esperante. Asina ademais o blog Abellonenia.
O accésit para maiores de vintecinco anos foi para un servidor (terceiro na foto) e o accésit para menores de vintecinco foi para o madrileño Matías Candeira (á dereita), xa que os premios tamén estaban abertos para o castelán. O rapazolo fixo a machada de vir en bus desde Madrid xusto para o acto e volver alá ó seguido de rematar. O primeiro premio a menores de vintecinco deixouse deserto. Recibíranse máis de trescentos traballos.
Ó día seguinte, baixo unha calor abafante e consumindo un pano de papel tras outro (que demo pasa esta primavera? Puta alerxia) e tras revisitar Ourense, recollín o Premio Ourense de Contos para a Mocidade. Remítovos á nova da Voz de Galicia para os detalles, que senón isto faise moi pesado. Foi un acto moi sinxelo na Feira do Libro de Ourense.
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google