Como xa vos fixariades, hai un contadorciño de visitas na barra de menú. E velaí o tedes: este bloguiño, que comecei alá polo pasado mes de novembro, atinxiu as mil visitas.
Entre os meus obxetivos cando iniciei esta pequena aventura non estaba o de rachar récords de visitas, converterme en creador de opinión ou parvadas así. Sempre agardei pouca "audiencia" e odio a competitividade. E haivos blogs máis visitados có meu, e merecidamente, mais tamén hei de dicir que vides máis por aquí dos que agardaba. Así, a ollo, como unha ducia ó día, uns máis, outros menos.
Máis que na cantidade, fíxome na calidade. E de vós só recibín ánimo, sobre todo dos outros blogueiros, vendo como agromaban noutros lares os vencellos a Ningures, mesmo na Arxentina, Suecia e os EEUU. E curiosamente, poucas das visitas son dos meus amigos e coñecidos da "vida real" ("Algures")... O único contacto con case todos vós foi e é pola rede.
Da meirande parte dos que viñestes só teño unha pequena queixa: non deixades case nunca comentarios. En parte puxen por iso o contador: ¡porque coidaba isto non o vía "nindiós"! Eu respeto o voso silencio, mais se cadra algúns coidades que é un privilexio para "blogueiros" en plan comunidade pechada, e nada diso: aquí poden opinar todos, mesmo para criticar, e asinar con nome real, nick, alcume ou anónimo. Toda aportación axuda a mellorar, agás os insultos, cousa que ata o de agora non aconteceu. A cambio prometo esforzarme máis en que isto siga para diante.
Resumindo: que sodes poucos pero sodes CARALLUDOS!!
Lembrade que aquí podedes descargar algún contiño meu. Son libres, ningún chupón pode facervos nada.
Gracias, camiñantes.
Gracias, veciño-ó-que-lle-gorreo-a-wifi!
(Un xoguiño: ¿quen sabe de onde vén o de "Mr. Tichborne"? Unha pista: "Tom Castro". Non vale google)









Comentarios recentes